Os
manantiales sécanse,
         ós robres cáenlle as follas;
pero a túa ialma é plena primadera;
         non veu máis que unha aurora.
            E en vano oies do
mundo,
         en vano oies da vida...
N`apagará a túa sede o que outros beben
         nas auguas maldecidas.
    Mais cando chegue a tarde do
teu día
     e chegue o teu outono,
ven hastra a
miña tomba paseniño,
e deposita nela os teus remorsos.
                                         Rosalía
de Castro.
