CAFÉ
      OS DOUS camareiros d’o espello
esmaltan o ar
pol-as bandas.
      Bañamos n-a sua auga de xabón
o suor d’as mañáns infladas
      o
vapor que pita ámoras
      trai
unha fríxida
      rafega
trasmeridián
      O
pianista matina resolver
o rompecabezas d’un tango jazzband
      o
sonroxo d’un aplauso dormido
desculpas-se chamando ó camareiro.
      ESCOITEI
voces novas
de par d’o meu sono
      e
arrecadein-as ó despertar.
      Os
meus xionllos cegos
adeprenderon unha oración
      Os
reloxes sin senso
cordializaron o seu ritmo
      Botei
a miña voz esquencida
n-os
brazos abertos d’o alén
      Pol-os camiños desfechados
atopei o retorno
      Mais
non retornóu ningúen
Manuel Antonio
