O TEMPO DOS PROBES
Os probes teñen muito
máis tempo que os ricos 
— e tamén máis frío,
máis fame, máis soedade, 
máis choiva, máis sol,
máis lúa, máis vento. 
Coñécense entre eles,
e teñen unha fala propia 
feita de medo e de
raiba, humildosa na coda 
e por dedentro chea de
dentes afiados. 
Entre os probes da
miña illa adeprendín 
que cando morre un
neno, a xente esquece a fala, 
e soio ao día seguinte
volven adeprender a falar, 
pirmeiro os outros
nenos, logo a nai, logo os cas.
                                                                  Alvaro Cunqueiro
